sábado, 12 de abril de 2014

BAJARSE AL MORO 

de Jose Luis Alonso de Santos 

no IES Monte das Moas

Polo grupo de teatro do IES Monte das Moas 

 PRÓXIMA REPRESENTACIÓN XOVES 24 DE ABRIL ÁS 17,00

-->
LUIS ALONSO DE SANTOS

1942, Valladolid
Pertenceu ao grupo Tábano, ao Teatro Experimental Independente. Fundou a Asociación Teatro Libre. Escribe obras e guións de TV, dirixe e publica edicións críticas.
É catedrático na Real Escuela Superior de Arte dramático e dirixe  a Compañía de teatro Clásico Nacional.
É redactor da revista Primer Acto.

Obras estrenadas:
·  Del laberinto al 30 (1980).
·  El álbum familiar (1982).
·  Golfus Emerita Augusta (1982).
·  El Gran Pudini (1983).
·  Besos para la Bella Durmiente (1984).
·  Bajarse al moro (1985).
·  La última pirueta (1986).
·  Fuera de quicio (1987).
·  Pares y Nines (1989).
·  El combate de Don Carnal y Doña Cuaresma (1989).
·  Trampa para pájaros (1990).
·  Dígaselo con Valium (1993).
·  La sombra del Tenorio (1994).
·  Hora de visita (1994).
·  Yonquis y yanquis (1996).
·  Salvajes (1997).
·  Los conserjes de San Felipe (2012). 


-->
BAJARSE AL MORO

Chusa e Jaimito son dous curmáns que viven nun pequeno piso con Alberto, algo máis que amigo de Chusa. Elena, nun mal momento, é acollida por eles. Como precisan cartos, Chusa propónlle baixar ao moro, ir a Marrocos para conseguir "mercancía". Pero Elena ten un problema que vai complicalo todo... aínda máis.

Foi estrea no 1985.
Representouse na TVE en 1987.
Adaptouna ao cine Fernando Colomo en 1987
Obtivo o premio Nacional de Teatro en 1986,
o Premio Tirso de Molina, o premio do Espectador y la Crítica á mellor dirección escénica e o premio Mayte.

 
-->
A MALA VIDA
É moi difícil atinar co camiño, cos amigos, coas palabras.. Todo é complicado, e cada día que pasa, máis.
Aquí tedes a historia dunha desas complicacións sen solucións, sen heroes.
Rétovos a distinguir cal dos camiños que toman os personaxes desta obra é peor.
Onde está  a mala vida?

-->


AS FALSAS APARENCIAS

Non poñas a man no lume, pódeste queimar. Cando, rías ou cando chores nesta entretida comedia, lembra que te están a enganar, que te estás a confundir. Será un drama? É unha comedia? De quen te podes fiar? Estas son as dúbidas cotiás, son a vida mesma, a responsabilidade de cada día. Decidir quen é bo e quen malo. Trabúcome ou acerto? É este,  se cadra,  o bo camiño?
Parece tan divertido xogar a ser maior, parecer independente, coquetear coas drogas e cos amigos....
Se é isto o que te desacouga, se o viviches algunha vez, esta é a túa obra e veraste dentro dela.
Lembra: Non todo é teatro,nada é perfecto.


-->
REPARTO

Alma Paredes           Chusa
Alberto Maroto        Alberto
Julia Novo              Dña Antonia
Lois Cerqueiro          Jaimito
Celia Lorenzo           Helena
Cesar Orol                      Abel
Eva Fracisco             Chusa
Alba Lema               Nancho
Sabela Tarrio            Helena
Andrés                   Nancho
Rafael Alonso                 Dirección

MÚSICA

Samuel Fernández Montoya
Christian


AGRADECEMENTOS

Nelly, Ángel, Pepe     Reprografía
Carlos,             Colaboración Técnica


No hay comentarios:

Publicar un comentario